A chegada das choivas de outono fan pensar de novo nun problema que xera gastos ás arcas municipais e degrada os terreos de viñedos, xerado polo cambio no xeito de traballar as fincas. Coas choivas a terra destas fincas é arrastrada e invade as estradas e camiños públicos tendo que proceder a súa limpeza para evitar accidentes e atascos nas beirarrúas.
09.02.18.- O Concello está na procura dunha solución para mellorar o saneamento das zonas de Arcos, Córgomo e Baxeles. O crecemento desta zona na que están instaladas adegas, hoteis e outras industrias fixo que a fosa séptica se quedara pequena dende hai máis dunha década. Un dos primeiros pasos a dar é ter informes técnicos que abalen cal é a solución máis eficaz.
21.11.16.-Unhas 30 persoas necesitan cada mes deste servizo que na actualidade, e ata fin de ano, está levando a cabo a empresa Alpixendra. No pleno do mes de Outubro o grupo de goberno socialista de Vilamartin aprobou as bases do prego de condicións para contratar este servizo para o ano que ven.