servizo

O Concello pon a disposición dos alumnos un servizo de impresión de contidos escolares

Cartel anunciando o servizo de impresión

08.04.20.- O Concello de Vilamartín continúa co seu traballo de axudar aos veciños durante o Estado de Alarma orixinado pola enfermidade do Coronavirus. Ademais das desinfeccións nas rúas e o servizo do teléfono de axuda para compras e outras necesidades, agora poñen en marcha un servizo orientado aos alumnos do centro escolar Xosé Manuel Folla Respino. Nesta ocasión poñen a disposición do alumnado as impresoras municipais para que poidan facer copias de traballos e contidos escolares.

Galego

Convocada unha praza de limpador/a para o servizo municipal

14.11.19.-  O Concello de Vilamartín ten en marcha a convocatoria para a selección de personal laboral temporal a fin de cubrir un posto de limpador/a para o servizo de limpeza das dependencias municipais. O sistema de escolla será mediante o de concurso-oposición e a contratación farase ca modalidade de contrato de duración temporal de interinidade.

Undefined

O Concello mellorará o servizo de auga de consumo en Arcos, Valdegodos e Vilamartín centro

02.06.17.- Na sesión plenaria celebrada o día 1 de xuño,  a corporación aprobou por unanimidade a adhesión a  un convenio coa Deputación para a prestación de asistencia na xestión das instalacións de produción e distribución de augas de consumo humano.  O principal obxectivo deste convenio é contar co asesoramento e vixilancia dunha empresa para mellorar a calidade da auga nas estacións depuradoras de Arcos-Valdegodos e Vilamartín centro.

Galego

Vilamartín busca unha empresa para continuar co Servizo de Axuda a Domicilio no 2017

21.11.16.-Unhas 30 persoas necesitan cada mes deste servizo que na actualidade, e ata fin de ano, está  levando a cabo a empresa Alpixendra.  No pleno do mes de Outubro  o grupo de goberno socialista de Vilamartin aprobou as bases do prego de condicións para contratar este servizo para o ano que ven.

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.