16.03.20.- O equipo de goberno do Concello de Vilamartín creou un grupo de axuda para facer fronte ás urxencias e necesidades que poidan xurdir nesta alerta sanitaria polo virus Covid-19. Está dirixido a todas aquelas persoas que precisen comprar comida ou medicamentos e non teñan posibilidades para desprazarse. Tamén para axudar ante unha urxencia que xurda. Só teñen que chamar ao: 679 84 68 79.
06.04.17.- Informamos que xa está aberto ata o 26 de maio o prazo para presentar as solicitudes para a prestación económica para familias con fillos menores de tres anos. No bando podedes ver os requisitos que pide á Xunta de Galicia para poder optar a esta axuda económica. As solicitudes podedes facelas no departamento de Servizos Sociais do concello.
21.11.16.-Unhas 30 persoas necesitan cada mes deste servizo que na actualidade, e ata fin de ano, está levando a cabo a empresa Alpixendra. No pleno do mes de Outubro o grupo de goberno socialista de Vilamartin aprobou as bases do prego de condicións para contratar este servizo para o ano que ven.