marcha

Obras en marcha para o Outono en Cernego, Córgomo e a Rodeleira

Undefined

20.09.17.- O Concello de Vilamartín vai ter durante o outono varias obras en marcha en diferentes puntos do municipio. A estrada de Cernego, a mellora do alumeado  en Córgomo, o saneamento e abastecemento da Rodeleira, o arranxo de camiños coa motoniveladora da Deputación son algunhas das obras que se afrontarán nos próximos meses de outono. Todas as obras faranse con subvencións de plans provinciais, axudas de eficiencia enerxética e colaboracións coa Deputación de Ourense principalmente.

En marcha unha campaña de recollida de alimentos e xoguetes

Galego

05.12.16.- O concello colabora cunha  campaña de recollida de alimentos e xoguetes para as persoas máis necesitadas nestas datas próximas ao Nadal. Están marcados dous puntos de recolecta de alimentos non perecedoiros e tamén de xoguetes para os máis pequenos. Solicitan colaboración a todos os veciños para axudar aos que o necesitan.

PUNTOS DE RECOLLIDA

-De luns a venres no Concello de Vilamartín

Horario: 8 a 14 horas

-Todos os venres no Centro Vía Nova

Horario: 19 a 20 horas

 

Aberto o prazo para apuntarse nun taller deportivo de iniciación á marcha nórdica

Galego

21.11.16.- A Concellería de Deporte organiza este sábado, día 26 de novembro, un taller de "Saúde e movemento, iniciación á marcha nórdica"  .

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.