26.11.20.- Un ano máis ponse en marcha o servizo de recollida de alimentos non perecedeiros para o Banco de Alimentos de Ourense. En Vilamartín hai habilitados catro puntos de recollida.
Estes son:
Casa do Concello
Supermercados Coviran
Perruquería Duar
Bar da Gasolineira
O periodo de recollida estará activo todo o mes de novembro e decembro nos horarios de apertura dos locais colaboradores. Agradecemos a todos os veciños o esforzo que fan para axudar aos que máis o necesitan nestes momentos.
14.11.17.- O Concello de Vilamartín colabora na campaña da Cruz Vermella: “Por un Nadal feliz para todos”. A actividade está centralizada na casa consistorial coa colaboración de Protección Civil da vila. O horario de recollida é de nove da mañá a dúas da tarde.
23.12.16.-O Concello de Vilamartín recolleu máis de 100 quilos de comida nesta primeira fase da campaña solidaria na que están colaborando. A maior parte foi recollida pola Asociación de Mulleres Rurais de Córgomo. Nestes días os membros de Protección Civil están recollendo a primeira fase das doazóns. A campaña segue aberta ata o día 3 de xaneiro para alimentos non perecedoiros e xoguetes.
PUNTOS DE RECOLLIDA activos ata o día 3 de Xaneiro
05.12.16.- O concello colabora cunha campaña de recollida de alimentos e xoguetes para as persoas máis necesitadas nestas datas próximas ao Nadal. Están marcados dous puntos de recolecta de alimentos non perecedoiros e tamén de xoguetes para os máis pequenos. Solicitan colaboración a todos os veciños para axudar aos que o necesitan.