saneamento

Mellora da rede de saneamento e augas pluviais en Portela

Undefined

04.02.19.-As obras que se están facendo no pobo de Portela servirán para renovar a rede de saneamento e de recollida das augas pluviais en diferentes colectores. Os traballos custarán uns 100.000 euros dos cales 48.000 € veñen de Plans Provinciais da Deputación de Ourense e o resto aportarano dende o concello. O obxectivo é ter os pobos “no mellor estado posible para evitar que a xente marche deles. É unha teima deste equipo de goberno“ explica o rexedor, Rique Barreiro.

A renovación da rede de saneamento e abastecemento son unha prioridade para o equipo de goberno socialista

Galego

26.12.16.- “Temos roturas constantes por tubaxes (tuberías) en mal estado”, explica o alcalde Rique Barreiro,  e esta é a frase que resume un dos traballos máis complicados deste ano. As canalizacións soterradas de augas son  un dos principais problemas no que se está centrando o equipo de goberno socialista.

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.