02.11.20.- Este ano a carreira para recaudar fondos para a loita contra o cancro de páncreas será virtual. A coñecida como "Carreira das Cidades" busca continuar coa recaudación dun xeito distinto debido á situación pola Covid-19. Os interesados teñen que inscribirse na web www.carreracancerpancreas.es e despois participar do 19 ao 22 deste mes de novembro. Os fondos que se recaudan na Carrera das Cidades son destinados a becas para a investigación do cancro de páncreas.
14.12.18.- Os membros da Asociación de Municipios polos que transcorre o Camiño de Inverno reuníronse esta semana en Ferreira de Pantón e adoptaron unha serie de acordos. Entre eles o de dedicar un día ao ano á promoción do camiño en cada unha das comarcas polas que pasa. O ano que ven empezarase polo Bierzo por ser onde empeza esta ruta. Nese día promocional faranse charlas, exposicións e outras actividades aínda por acordar. Tamén pensan en facer un recoñecemento a algún persoeiro famoso que estea relacionado co camiño.
12.04.18.- O Concello de Vilamartín aprobou esta tarde os orzamentos para o ano 2018 nun pleno extraordinario. Unhas contas que ascenden a algo máis dun millón e medio de euros e nas que o grupo de goberno socialista “procurou facer contención de gasto sen merma de servizos” tal e como explicou o alcalde, Rique Barreiro. O presuposto foi aprobado cos votos a favor dos socialistas e a abstención do concelleiro da oposición, José Pinto.
05.10.17.- Esta semana comezaron as actividades deportivas no pavillón municipal na zona do Bañadoiro. A actividade de multideporte contará este ano cunha subvención do 25% do custe total por parte da Deputación de Ourense. Os máis cativos poderán exercitarse todas as semanas, os luns e mércores de 18:00 a 20:00 horas. Os rapaces de 8 a 14 anos realizarán actividades relacionadas co fortalecemento xeral do corpo e tamén exercicios relacionados co fútbol sala.
30.12.16.- O Concello ten en marcha a finalización de obras que empezaron este ano en distintos pobos. Son obras financiadas, todo ou parte, con fondos municipais e que axudan a mellorar os espazos de convivencia dos habitantes de cada pobo. Neste caso a segunda fase das obras no pobo de Cernego e a zona de O Bañadoiro son as que ocupan os últimos días do ano.
27.12.16.- Un veciño de Vilamartín, apoiado polo concello e varias asociacións, está organizando unha andaina solidaria para despedir o ano dun xeito diferente e comer as uvas o sábado 31, ás 12 do mediodía. A actividade recibiu o nome de “a Silvestrín de todos os pobos de Vilamartín” tal e como explica, Carlos Feás, o organizador base, e pretende que sexa “un paseo para todos os que se animen a vir e que de paso, se poden, traían alimentos para a campaña de recollida que se está facendo no pobo”.