24.10.19.- Os antigos poboadores da comarca de Valdeorras e a súa presenza no Castro da localidade de Valencia do Sil serán protagonistas esta fin de semana de dous actos. Por un lado unha visita co arqueólogo Santiago Ferrer e por outro o inicio das investigacións por parte do equipo de Sputnik Labrego.
03.09.19.- O Concello de Vilamartín afronta o último cuatrimestre do ano cas contas aprobadas durante o verán. Un total de 1,614.993 euros forman este orzamento 2019. Este foi un presuposto feito para continuar co traballo deste ano electoral no que se seguirá cos traballos diarios de xestión do concello. Unhas contas marcadas pola diminución da débeda dos intereses dos préstamos herdados e a rebaixa nos custes de mantemento do centro de saúde ao lograr a transferencia ao Sergas.
15.02.19.- O pleno de Vilamartín aprobou onte por unanimidade unha moción na que se pide a derogación da Lei 8/2008 de Saúde de Galicia. Ademais solicitaron dotar de maiores recursos e persoal aos centros médicos e ao hospital comarcal. A sesión plenaria extraordinaria tamén fixo repaso aos traballos levados a cabo durante o 2018 en cada concellería. Todos os concelleiros tiveron palabras de agradecemento durante os seus repasos aos voluntarios que aportaron a súa colaboración en varios traballos do concello e en protección civil.
26.11.18.- A compañía UFD Distribución Electricidad, S.A. do grupo Naturgy anuncia cortes no suministro eléctrico en varios puntos do noso concello para este sábado, día 1 de decembro. O obxectivo, segundo indican, é facer varios traballos de mantemento e mellora da rede eléctrica. Os cortes faranse por espazo dunha hora de 8 a 9 da mañá e de 7 a 8 da tarde. A empresa indica que nestes días enviará a varios clientes cartas anunciando estes cortes de suministro.
29.12.16.- O Concello adquiriu hai uns meses unha pequena máquina retroexcavadora que está facilitando os traballos que se fan coa brigada municipal. As pequenas obras en rúas estreitas, as limpezas de camiños son algunhas das utilidades desta máquina. Dende o Concello buscan optimizar os poucos recursos e coa adquisición deste aparato “facilitase moito o traballo do albanel e fontaneiro nas pequenas reparacións que temos a diario” explica o rexedor, Rique Barreiro.