22.12.19.- O Concello de Vilamartín está comprometido coa eficiencia enerxética e o aforro no alumeado público. Os cambios que se están levando a cabo permiten aforrar entre un 60 a 70 por cento na factura da luz municipal. Ademais o aforro tamén se estende á gastos de persoal xa que as novas luces LED teñen maior duración e polo tanto non haberá que facer obras de cambio de bombillas e outras avarías relacionadas.
14.11.19.- O Concello de Vilamartín ten en marcha a convocatoria para a selección de personal laboral temporal a fin de cubrir un posto de limpador/a para o servizo de limpeza das dependencias municipais. O sistema de escolla será mediante o de concurso-oposición e a contratación farase ca modalidade de contrato de duración temporal de interinidade.
18.10.18.-Na Biblioteca temos novas adquisicións das que podedes disfrutar achegándovos ao Centro Santa Lucía. Son novos títulos que adquirimos a través de subvencións da Xunta de Galicia. Así ampliamos a nosa biblioteca.
No pdf que adxuntamos podedes consultar as novidades.
09.10.18.- A Escola Infantil Municipal está en funcionamento de novo despois dos traballos de remodelación que se realizaron nunha gran parte do interior do edificio para adaptarse á normativa actual. As partes reestructuradas e ampliadas, gañando máis metros de uso, foron a zona de xogo, a de descanso e os pasillos cunha inversión aproximada de 39.000 euros. Non se realizaron obras na cociña e no comedor.
21.09.18.- A Concellería de Deportes xa ten lista a programación deportiva ata final de ano para os máis pequenos da casa. O fútbol sala e as actividades de multideporte faranse os mércores e venres no Pavillón Municipal de Deportes no Bañadoiro. Establecen un mínimo de 8 número de asistentes para levar a cabo estas actividades e falta de asistencia pode levar a suspensión da mesma. O próximo 3 de Outubro será o momento de empezar estas actividades.
29.12.16.- O Concello adquiriu hai uns meses unha pequena máquina retroexcavadora que está facilitando os traballos que se fan coa brigada municipal. As pequenas obras en rúas estreitas, as limpezas de camiños son algunhas das utilidades desta máquina. Dende o Concello buscan optimizar os poucos recursos e coa adquisición deste aparato “facilitase moito o traballo do albanel e fontaneiro nas pequenas reparacións que temos a diario” explica o rexedor, Rique Barreiro.