praza

Empezan as obras na Praza da Rodeleira

Undefined

19.01.18.- Esta semana empezaron as obras na Praza da Rodeleira para darlle un cambio tanto interno como externo. En primeiro lugar empezarán as obras para cambiar todo o sistema de tubaxes que están soterradas e que levan ocasionado moitos problemas por roturas. Cambiaranse as canalizacións de rego, auga de consumo e saneamento. Unha vez rematada esta parte, continuarán as de adecentamento do espazo para uso e disfrute dos veciños. Faranse beirarrúas novas, unha rotonda no cruceiro, novos aparcamentos e zonas de esparcemento.

Preocupación ante a falta de cobertura dunha praza de médico do Centro de Saúde por xubilación dun dos facultativos

Galego

26.07.17.- O Centro de Saúde de Vilamartín conta na actualidade con dous médicos pero a partir do 9 de agosto un deles vaise xubilar sen que, de momento, se teña noticia de que se vaia a cubrir a súa  praza. O que implicaría que o centro quedaríase cun solo médico para atender a toda a poboación.

Rematada a nova praza de Cernego

Galego

31.01.17.-No verán do ano pasado a brigada de obras do Concello de Vilamartín comezou este proxecto para que os veciños tiveran unha praza ampla onde antes case non había espazo. A primeira parte do traballo consistiu no derrube de casas que estaban en mal estado de conservación.  A seguinte fase comezou nos últimos meses do 2016 e consistiu na construción da praza con laxas de pedra que se reutilizaron dos muros lindeiros dos inmobles derrubados. Esta obra puido facerse grazas á colaboración veciñal para o derrube de varias casas.

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.