veciño

Veciños do Mazo colaboraron na limpeza do seu pobo

Galego

29.04.17.- O Concello de Vilamartín, a través do seu alcalde, Rique Barreiro, quere expresar o agradecemento a todos aqueles veciños que día a día están dispostos a colaborar para mellorar as condicións dos pobos. O alcalde explica que “sen o seu apoio e colaboración non sería posible facer todo cos medios que temos”.

Neste caso o exemplo de colaboración tivémolo esta semana no pobo de O Mazo onde os veciños axudaron a limpar as rúas.

O concello apoiará economicamente o proxecto do veciño, Rafael López, para mellorar o tratamento contra o cancro

Galego

 

05.02.17.-O xefe do servizo de Oncoloxía do CHUS (Hospital de Santiago)  e do grupo de Oncoloxía Médica  Traslacional (Oncomet) é o vilamartinés, Rafael López.  Este especialista, co seu grupo, puxo en marcha unha campaña pioneira para recaudar fondos e conseguir avanzar no desenvolvemento dunha técnica para loitar contra a enfermidade do cancro. Trátase da biopsia líquida, unha técnica experimental que permite saber en 24 horas e cunha análise de sangue o estado no que se atopa un tumor.

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.