axudar

Instalado un desfibrilador para axudar en paradas cardíacas no pavillón municipal do Bañadoiro

14.02.17.-  O Concello de Vilamartín xa ten un espazo cardioprotexido no pavillón municipal do Bañadoiro onde está situado un aparello desfibrilador. Este sistema  foi comprado polo concello e subvencionado ao 50 por cento pola Deputación de Ourense. Para aprender a utilízalo a Concellería de Deportes puxo en marcha un curso no que participaron 8 persoas. Esta aprendizaxe fíxose no mes de decembro por persoal de Ambulancias Sil.

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.