14.02.17.- O Concello de Vilamartín xa ten un espazo cardioprotexido no pavillón municipal do Bañadoiro onde está situado un aparello desfibrilador. Este sistema foi comprado polo concello e subvencionado ao 50 por cento pola Deputación de Ourense. Para aprender a utilízalo a Concellería de Deportes puxo en marcha un curso no que participaron 8 persoas. Esta aprendizaxe fíxose no mes de decembro por persoal de Ambulancias Sil.
Galego