entroido

Aberto o prazo para anotar as comparsas que participaran no Entroido

Cartel do Entroido de Vilamartin 2020

O domingo 22 de febreiro celebrarase o tradicional desfile de Entroido en Vilamartín. O prazo para anotar as comparsas e levar o premio por participar está aberto ata o dia 18 de febreiro.

Undefined

Entrando en tempo de Entroido

 

28.02.19.- Este ano o Entroido celebrase no mes de marzo e dende o concello xa está todo preparado para recibir as comparsas o sábado 2 de marzo pola tarde. Previamente a mediados de febreiro xa se empezaron a quentar motores co encontro de folións. Este xoves de comadres, inicio oficial do Entroido, xa foi moi concurrido e agora faltan os días máis fortes.

 ¡A disfrutar do Entroido¡

Undefined

Bases para as axudas ás comparsas de Entroido para o desfile deste sábado

02.02.18.- O Concello xa fixo públicas as bases para a concesión das axudas ás comparsas de máis de 13 compoñentes que queiran participar no desfile do sábado 10 de febreiro ás 17:30 horas.

Os interesados en participar e recibir esta axuda económica que vai dos 75 aos 125 euros poden pasarse polo Concello a inscribirse e levar a folla de inscrición que se pode descargar nesta información. O prazo para inscribirse remata o venres 9 de febreiro.

 

 

Undefined

Desfile de Entroido o sábado pola tarde no centro da vila

20.02.17.- Vilamartín vivirá o Entroido contando coa colaboración da Asociación de Coveiros, do Folión Os Viticultores e da Asociación de Mulleres Rurais Cima de Vila. O sábado, día 25, celebrarase un desfile polo pobo con saída dende a Rodeleira e rematando na zona de Cerdeirais.

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.