estrada

Aberta a circulación a estrada de Penouta danada polas últimas treboadas

Undefined

13.07.17.- A estrada de Penouta  sofreu, a uns 400 metros á entrada do pobo,  danos durante as fortes treboadas do mes de maio o que obrigou ao seu corte ao tráfico case totalmente. As obras de reparación que se levan feito nos últimos días permiten que a partir desta tarde, do día 13 de xullo, xa se poida circular por ela con seguridade. As fortes treboadas con trombas de auga atascaron e romperon as tubaxes soterradas que había nese tramo.

O Concello prohibe o paso aos camións e vehículos pesados pola estrada de Cernego

Galego

25.05.17.- A estrada de Cernego leva sufrido numerosos desperfectos dos que se ten que feito cargo ata o de agora o Concello. Estes  problemas  no vial están provocados polo paso continuo de camións cargados con madeira cortada nos montes da zona. A pesar de que existe unha sinalización onde se indica que non poden transitar con cargas superiores a 5,5 toneladas por eixe non se está a facer caso por parte das empresas madeireiras. Hai coñecemento do paso de camións con cargas superiores a primeiras horas da mañá.

Reparacións na estrada de Córgomo a Portela

Galego

16.03.17.- A brigada municipal de Vilamartín procedeu esta mañá a comezar o arranxo das fochancas da estrada que une Córgomo e Portela. Empezaron dende a zona do cruce co acceso ás Gralleiras en dirección ao cemiterio. Este é un dos traballos de reparación das estradas do municipio que están levando a cabo nos últimos meses. Xa se fixeron arranxos nas vías de Cernego e Valdegodos e agora continúan nesta de Córgomo.

Obras de ampliación da estrada de Valdegodos a Córgomo

Galego

24.02.17.- A ampliación da estrada de Valdegodos a Córgomo formaba parte dos obxectivos do programa socialista e agora están cumprindo o prometido. O  alcalde, Rique Barreiro, explica que por esa zona pasea moita xente e “había momentos nos que os peóns tiñan que meterse no monte e o mesmo pasaba para cruzarse dous coches, polo que esta obra era moi importante facela”.

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.