presentacion

Vilamartín abre o prazo de presentación de solicitudes de axudas por nacemento

Undefined

05.07.18.- A orde pola que se regula a concesión de axudas para os novos nacementos neste concello durante todo o 2018 xa está publicada. Os pais de nenos/as nacidos dende o 1 de xaneiro de 2018, e todos aqueles que nazan ata que acabe o ano, poden solicitar esta axuda nos Servizos Sociais do concello. Alí ofreceranlle toda a información para facer os trámites necesarios.

Aberto o prazo para a presentación de solicitudes para axuda por fillos menores de 3 anos

Galego

06.04.17.- Informamos que xa está aberto ata o 26 de maio o prazo para presentar as solicitudes  para a prestación económica para familias con fillos menores de tres anos. No bando podedes ver os requisitos que pide á Xunta de Galicia para poder optar a esta axuda económica. As solicitudes podedes facelas no departamento de Servizos Sociais do concello. 

Aberto o prazo de presentación de contas e informe do 2016 das asociacións e solicitude de novos proxectos a subvencionar

Galego

25.02.17.-A Concellería de Participación Cidadá solicita a todas as asociacións deste Concello que presenten as contas do ano 2016 xunto a un informe das actividades realizadas. Rogan que ao mesmo tempo lles fagan chegar  a memoria e orzamento para os proxectos que desexen realizar neste 2017. Esta información que lles solicitan e imprescindible para poder optar ás axudas que se conceden neste municipio e a colaboración do mesmo nos seus proxectos.

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.