actividade

Éxito da actividade multideportes para os máis novos da casa

Undefined

01.11.18.- Durante o mes de outubro comezaron as actividades deportivas no Concello de Vilamartín, tanto de adultos como de cativos. Unha das actividades de nova creación este ano  para os cativos foi a de multideportes. Está orientada a nenos e nenas dende 5-6 anos ata os 14 e faise os venres de 18 a 19 horas.

Vilamartín recibiu aos membros da Asociación de Concellos do Camiño de Inverno na reunión de inicio de actividade desta entidade

Undefined
02.02.18.- O Concello de Vilamartín, que ocupa a vicepresidencia da Asociación de Concellos do Camiño de Inverno, recibiu esta semana ao resto de socios para continuar na montaxe desta nova entidade. Na reunión, celebrada o luns 26 de xaneiro,  estiveron presentes alcaldes e representantes de 19 dos 23 concellos asociados entre Galicia e o Bierzo.

Aberto o prazo de presentación de contas e informe do 2016 das asociacións e solicitude de novos proxectos a subvencionar

Galego

25.02.17.-A Concellería de Participación Cidadá solicita a todas as asociacións deste Concello que presenten as contas do ano 2016 xunto a un informe das actividades realizadas. Rogan que ao mesmo tempo lles fagan chegar  a memoria e orzamento para os proxectos que desexen realizar neste 2017. Esta información que lles solicitan e imprescindible para poder optar ás axudas que se conceden neste municipio e a colaboración do mesmo nos seus proxectos.

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.