biopsia

Cheo absoluto na obra de teatro do grupo Xaime Prada para recadar fondos para a Biopsia Líquida

Galego

24.04.17.- O salón do Centro Cultural Santa Lucía acolleu o sábado, día 22,  a representación teatral  “O consultorio médico” posto en escena polo grupo de teatro Xaime Prada. A obra recibiu o aplauso de máis de 150 persoas que encheron a sala para apoiar aos actores desta agrupación da vila e tamén para colaborar coa campaña de micromecenado da investigación sobre a Biopsia Líquida (nova proba para acelerar os diagnósticos de cancro). As entradas custaban 3€ e toda a recadación vai ser destinada á entidade Oncomet que leva acabo esta investigación.

Recadación de fondos para a biopsia líquida con Zumba Solidario o día 9

Undefined

05.04.17.-Este domingo o Concello de Vilamartín continuará coa campaña de recadación de fondos para a campaña de micromecenado da proba de Biopsia Líquida. Nesta ocasión será cunha sesión deportiva, o zumba solidario. As entradas están á venda no concello a un prezo de 5 euros e tamén se poderán adquirir o propio domingo antes de empezar a actividade.

O Zumba solidario farase na Rodeleira o domingo, día 9, ás 13 horas e haberá varios agasallos que empresas da vila e tamén do Barco están doando para os participantes.

¡¡Animádevos a participar¡¡¡

Charla no Barco sobre Biopsia líquida co director do proxecto, o vilamartinés, Rafael López

Undefined

06.03.17.- O xefe do Servizo de Oncoloxía do Hospital de Santiago e director do proxecto de Biopsia líquida, o vilamartinés, Rafael López, ofrecerá unha charla informativa este venres, día 10 de marzo, no Barco. A charla está organiza polos concellos de O Barco, Vilamartín, A Rúa e Petín para axudar a recadar fondos para esta investigación. A cita coas explicacións que dará o investigador será ás  20 horas, no salón de Usos Múltiples do Concello do Barco.

As Mulleres Rurais de Córgomo recadan fondos para a investigación da Biopsia Líquida para detectar tumores

Galego

02.03.17.-Asociación Mulleres Rurais de Córgomo están poñendo en marcha unha campaña para recadar fondos para axudar a levar a adiante o proxecto de Biopsia líquida unha técnica experimental que permite saber en 24 horas, e cunha análise de sangue, o estado no que se atopa un tumor.

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.