10.01.19.- O Concello de Vilamartín aprobou de maneira inicial o Plan Parcial S-01 da zona industrial da Sobreira entre San Miguel de Outeiro e Vilamartin centro. Todos os interesados poderán acceder á información a través do enlace que se publica nesta información ou acudir á casa do concello en horario de oficina para coñecer máis polo miúdo o mesmo. O prazo de exposición ao público será de 2 meses contados a partir da súa publicación no DOG.
30.10.18.-A biblioteca municipal, situada no Centro Santa Lucía, abre o día 1 de novembro unha exposición titulada “Literatura universal traducida ao galego”. Un traballo que se poderá ver e descubrir ata o próximo día 16. Nesa data ás 16 horas haberá unha charla-coloquio de clausura na que estarán presentes membros da editorial compostelá Hugin e Munin.
A visita á exposición pode facerse de 16 a 20 horas nestes 15 días, agás no tempo de actividades no Centro de Santa Lucía.
27.02.18.- O artista berciano Lolo Zapico ten unha exposición onde as temáticas rurais e a súa relación co Camiño de Inverno son as protagonistas. Este traballo que xa estivo exposto no Castelo de Cornatel e no Museo da Enerxía de Ponferrada, chega agora á Vilamartín para quedarse dous meses. É unha actividade organizada coa colaboración do Concello de Vilamartín e a Asociación de Concellos do Camiño de Inverno.
03.03.17.- Dende hoxe e por períodos de 10 días hábiles, aparece no Portal Web deste Concello, no apartado de "Procedementos en exposición pública", de conformidade co estipulado no artigo 133 da Lei 39/2015 de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administraciones Públicas e máis concretamente no seu punto 1 onde se establece a obligatoriedade con carácter previo á elaboración do proxecto do regulamento ou ordenanza neste caso a sustanciación dunha consulta pública, a través do portal web desta administración para, en todo caso, r