Portela

En Portela tamén haberá cine ao aire libre en agosto

Película que se proxectará o día 14 de agosto na Portela

28.07.20.- Esta semana comezaron as proxeccións de cine ao aire libre no noso concello. O domingo 26 fíxose a primeira no Campo de fútbol e este mércores 29 haberá unha nova sesión na localidade de Córgomo coincidindo coas súas festas. O cine tamén estará en Arcos o día 10 de agosto e agora engádese unha nova cita para a localidade de Portela. Será o próximo 14 de agosto coa proxeción do filme "Corgi, as mascotas da raíña". A pelicula poderá verse no exterior da casa do pobo ás 22:30 horas. A entrada en todas as proxecións será gratuíta.

Undefined

Curso de almorzos enerxéticos en A Portela

O próximo 15 de febreiro unha experta impartirá un curso en A Portela sobre almorzos enerxéticos, petiscos e merendas.

Undefined

Asfaltado en Portela

11.06.19.- Durante o día de hoxe procedeuse ao asfaltado da praza e rúa principal de Portela. A obra levaba varios meses de traballos para poder cambiar e renovar toda a rede de saneamento e pluviais desta localidade. Ademais da creación de beirarrúas novas para esta poboación emblemática. 

Undefined

Tags: 

Mellora da rede de saneamento e augas pluviais en Portela

04.02.19.-As obras que se están facendo no pobo de Portela servirán para renovar a rede de saneamento e de recollida das augas pluviais en diferentes colectores. Os traballos custarán uns 100.000 euros dos cales 48.000 € veñen de Plans Provinciais da Deputación de Ourense e o resto aportarano dende o concello. O obxectivo é ter os pobos “no mellor estado posible para evitar que a xente marche deles. É unha teima deste equipo de goberno“ explica o rexedor, Rique Barreiro.

Undefined

Exposición de esculturas e pinturas na Casa Gayoso de Portela co Camiño de Inverno como telón de fondo

27.02.18.- O artista berciano Lolo Zapico ten unha exposición onde as temáticas rurais e a súa relación co Camiño de Inverno  son as protagonistas.  Este traballo que xa estivo exposto no Castelo de Cornatel e no Museo da Enerxía de Ponferrada, chega agora á Vilamartín para quedarse dous meses. É unha actividade organizada coa colaboración do Concello de Vilamartín e a Asociación de Concellos do Camiño de Inverno.

Inauguración na Casa Gayoso de Portela

Undefined

Reparacións na estrada de Córgomo a Portela

16.03.17.- A brigada municipal de Vilamartín procedeu esta mañá a comezar o arranxo das fochancas da estrada que une Córgomo e Portela. Empezaron dende a zona do cruce co acceso ás Gralleiras en dirección ao cemiterio. Este é un dos traballos de reparación das estradas do municipio que están levando a cabo nos últimos meses. Xa se fixeron arranxos nas vías de Cernego e Valdegodos e agora continúan nesta de Córgomo.

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.