muller

Actividades do Día da Muller durante toda a semana

Programa completo do 8 de Marzo

A primeira semana deste mes de marzo dedicarémola a varias actividades para celebrar o 8 de Marzo, o Día da Muller Traballadora. Todas elas farémolas en colaboración coa Plataforma Mulleres de Valdeorras. Empezaremos o mércores día 4 cunha conferencia debate sobre a "A Igualdade da Muller no Século XXI" no Centro Santa Lucía ás 18 horas. O venres, día 6, ás 12 horas faremos diante do concello a lectura do Manifesto 8M e durante a fin de semana haberá cine no Santa Lucía o sábado coa proxección da película "Casa de Bonecas" e o domingo marcharemos de romería ata San Miguel de Outeiro.

Undefined

Un Día da Muller para reivindicar

09.03.19.- O Día da Muller tamén tivo en Vilamartín o seu momento de lectura dun manifesto e reclamación de dereitos para as mulleres. Un colectivo de mulleres da vila foron as encargadas de organizar o acto deste ano e obtiveron a colaboración do concello. 

Undefined

Asociacións de mulleres de Valdeorras celebraron o Día Internacional da Muller cunha comida en Vilamartin

26.03.17.- O Día Internacional da Muller tivo a súa celebración retrasada en Vilamartín. A Asociación de Mulleres Rurais de Córgomo organizou onte, 25 de marzo, unha comida no restaurante Paladium de Vilamartín na que reuniu a máis de 100 mulleres.  Participaron no evento  46 mulleres da asociación de Córgomo, 10 da de Arcos, 9 de Veigamuiños, 18 de  Éntoma, 20 de Viloira e 8 de A Veiga.

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.