festas

Catro días de festas do San Xurxo

Undefined

18.04.18.- O Concello de Vilamartín homenaxeará ao seu patrón con 4 días de festa que está a organizar unha comisión de festas. As actividades festeiras empezarán mañá venres coa actuación do grupo La Banda de Mazinger. No resto dos días actuarán as orquestras Grafitti,  Fania Blanco Show e Marbella. As actividades complétanse o sábado con fútbol sala, e inchables e unha obra de teatro que será o domingo por un cambio de última hora, xa que estaba no programa previsto para o sábado.  

Boas festas e feliz aninovo

Undefined

Dende o Concello de Vilamartin desexamos que pasedes unhas boas festas e que sexades moi felices no 2018. Lembrade que para os máis pequenos temos actividades tanto en decembro como nos primeiros días de xaneiro.

 

A festas de San Xurxo contarán cun torneo de fútbol sala para os rapaces

Undefined

18.04.17.- Este fin de semana a vila vivirá a festa do seu patrón, San Xurxo, e entre as actividades previstas, celebraráse un torneo de fútbol sala para os cativos. A Concellería de Ocio e Deporte, con Eva Arias ao frente, está organizando este torneo que comezará o sábado, día 22, ás 9:30 horas e ata as 14 horas. O evento deportivo celebraráse no pavillón do Bañadoiro e todos os rapaces participantes recibirán unha medalla, un obsequio e tamén unha chocolatada con churros a media mañá.

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.