xurxo

As festas do San Xurxo xa contan con comisión de festas

Imaxes da festa do ano pasado

12.03.20.- A Concellería de Cultura quere agradecer a implicación de dúas persoas para que finalmente o pobo poida celebrar as festas do San Xurxo no mes de abril. A concelleira, Claudia Núñez, amosa a súa satisfacción por poder contar con Javier Ferrer e Victor Ramos para poder montar a comisión de festas e organizar un programa de actividades para os días de festexos do 23 ao 26 do mes que ven. De momento aínda non se coñece a programación pero iremos informando a medida que coñezamos máis detalles.

Galego

As Festas de San Xurxo buscan quen as organice

As Festas patronais do San Xurxo en Vilamartín están pendentes de poder organizarse. A celebración que este ano será do 23 ao 26 de abril non ten nestes momentos comisión de festas que se faga cargo da súa xestión

Undefined

Recordos das Festas de San Xurxo

Undefined

25.04.19. As festas do San Xurxo son unha das datas do ano para reunir aos veciños e pasar un bo momento con música, actividades deportivas e teatrais. Un ano máis os días de festa estiveron cheas de risas e bos momentos. Con estas fotos lembramos o San Xurxo 2019.

Actividades deportivas

Catro días de festas do San Xurxo

Undefined

18.04.18.- O Concello de Vilamartín homenaxeará ao seu patrón con 4 días de festa que está a organizar unha comisión de festas. As actividades festeiras empezarán mañá venres coa actuación do grupo La Banda de Mazinger. No resto dos días actuarán as orquestras Grafitti,  Fania Blanco Show e Marbella. As actividades complétanse o sábado con fútbol sala, e inchables e unha obra de teatro que será o domingo por un cambio de última hora, xa que estaba no programa previsto para o sábado.  

A festas de San Xurxo contarán cun torneo de fútbol sala para os rapaces

Undefined

18.04.17.- Este fin de semana a vila vivirá a festa do seu patrón, San Xurxo, e entre as actividades previstas, celebraráse un torneo de fútbol sala para os cativos. A Concellería de Ocio e Deporte, con Eva Arias ao frente, está organizando este torneo que comezará o sábado, día 22, ás 9:30 horas e ata as 14 horas. O evento deportivo celebraráse no pavillón do Bañadoiro e todos os rapaces participantes recibirán unha medalla, un obsequio e tamén unha chocolatada con churros a media mañá.

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.