remata

O luns remata o prazo para apuntarse a Andaina Solidaria do día 14

Undefined

03.05.17.- Este luns, día 8, remata o prazo para poder apuntarse nesta Andaina Solidaria para continuar coa recadación de fondos para o proxecto de Biopsia Líquida que está levando a cabo Oncomet. Os lugares nos que se poden apuntar estes días son a Asesoría Firmar en Vilamartín e nas tendas Tri-Sport no Barco, A Rúa. Tamén se poden anotar a través da plataforma www.carreirasgalegas.com . O custe é de 8€ dende os 14 anos en adiante e de 3€ para os pequenos.

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.