14.11.17.- O Concello de Vilamartín colabora na campaña da Cruz Vermella: “Por un Nadal feliz para todos”. A actividade está centralizada na casa consistorial coa colaboración de Protección Civil da vila. O horario de recollida é de nove da mañá a dúas da tarde.
09.05.17.-O Concello de Vilamartín de Valdeorras acolleu onte pola tarde a sinatura dun convenio de colaboración polo que se pon a disposición de Cruz Vermella unha vivenda nesta localidade para a atención de persoas refuxiadas ou solicitantes de asilo.