mellorará

O Concello mellorará o servizo de auga de consumo en Arcos, Valdegodos e Vilamartín centro

Galego

02.06.17.- Na sesión plenaria celebrada o día 1 de xuño,  a corporación aprobou por unanimidade a adhesión a  un convenio coa Deputación para a prestación de asistencia na xestión das instalacións de produción e distribución de augas de consumo humano.  O principal obxectivo deste convenio é contar co asesoramento e vixilancia dunha empresa para mellorar a calidade da auga nas estacións depuradoras de Arcos-Valdegodos e Vilamartín centro.

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.