09.08.19.- Este verán un grupo de voluntarios comandados polo arqueólogo, Santiago Ferrer volveron a rescatar do esquecemento un dos castros máis senlleiros da comarca de Valdeorras. Na localidade de Valencia do Sil existe un xacemento que se descubriu fai agora 50 anos polo grupo dos Escarbadores e medio século despois volve rexurdir para “tratar de poñelo en valor”, explica Santiago Ferrer.
06.04.17.- Informamos que xa está aberto ata o 26 de maio o prazo para presentar as solicitudes para a prestación económica para familias con fillos menores de tres anos. No bando podedes ver os requisitos que pide á Xunta de Galicia para poder optar a esta axuda económica. As solicitudes podedes facelas no departamento de Servizos Sociais do concello.
04.08.16.-A Ruta das Covas de Vilamartín celebrará este fin de semana os seus 20 anos de vida coa apertura de 49 covas. A festa adiantarase a mañá venres, día 5, para os coveiros e amigos coa celebración da coñecida “Pequena”, unha pequena ruta por algunhas covas, para permitirlle aos coveiros, pasar tamén unha tarde de festa. Empezarán a partir das 18 horas coa IV Guerra das Fontes e a continuación o pregón a cargo do médico, Rafael López López.