piscinas

As obras das piscinas municipais executáronse con fondos propios do remanente de tesouraría

Undefined

19.08.18.- Neste verán as piscinas municipais non puideron estar abertas ao inicio da tempada pola orde de peche que Sanidade impuxo ata que se fixeran as obras necesarias no recinto. As piscinas abríronse ao público ao comezos do mes de agosto unha vez feitas as remodelacións tanto na zona de vestiario e baños como nos propios vasos contedores da auga. As obras tiveron retraso porque se estivo agardando subvencións que finalmente non chegaron e o concello decidiu botar man dos fondos do remanente de tesouraría para poder executalas.

Un problema sanitario e de seguridade das instalacións, sen solucionar, impide a apertura das piscinas municipais

Undefined

18.06.17.-O Concello de Vilamartín está tentando solucionar un problema sanitario e de seguridade das instalacións das piscinas municipais para que estas se poidan abrir ao público con todas as garantías para os usuarios. A entidade municipal, a pesar de ter as instalacións cedidas a unha empresa privada, segue sendo a  responsable ante un problema sanitario ou de saúde dos seus veciños no uso das piscinas.

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.