Deputación

Os veciños de San Vicente e o alcalde paran as mobilizacións á espera do inicio do arranxo da estrada por parte da Deputación

Undefined

15.03.18.- Esta mañá celebrouse unha reunión en Ourense co presidente da Deputación de Ourense,  onde se lograba un “compromiso por escrito” para mellorar a situación da estrada a San Vicente de Leira. Entre os acordos están a retirada da valla fixa e a colocación dunha móbil para o paso de vehículos de emerxencias. Ademais arranxarase a pista municipal para contar cun acceso ao pobo alternativo. Ante estes acordos o rexedor comunicou que a paralización das mobilizacións deixaríaa nas mans dos veciños.

As actividades de multideporte contan este ano con subvención da Deputación

Galego

     05.10.17.- Esta semana comezaron as actividades deportivas no pavillón municipal na zona do Bañadoiro. A actividade de multideporte contará este ano cunha subvención do 25% do custe total por parte da Deputación de Ourense.  Os máis cativos poderán exercitarse todas as semanas, os luns e mércores de 18:00 a 20:00 horas. Os rapaces de 8 a 14 anos realizarán actividades relacionadas co fortalecemento xeral do corpo e tamén exercicios relacionados co fútbol sala.

A Deputación colaborará para mellorar varias infraestruturas no Concello

Undefined

06.07.17.- O financiamento para o arranxo da estrada de San Vicente, a obra de saneamento feita en Surregos, a praza de Cernego e o arranxo das estradas de Correxais e Cernego  foron os temas relacionados con infraestruturas dos que se falaron na entrevista que onte mantivo o alcalde, Rique Barreiro co presidente da Deputación, Manuel Baltar. O rexedor destaca sobre  todo a boa dispoñibilidade e a apertura a colaborar por parte do dirixente desta entidade provincial para mellorar varias infraestruturas de Vilamartín.

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.