14.07.17.- A partir deste domingo, 16 de xullo, os participantes da proba deportiva en bicicleta de montaña, Gaes Pilgrim Race, percorrerán 725 quilómetros de Camiños de Peregrinación repartidos en 8 etapas. A sexta etapa percorrerá parte do Camiño Francés e entrará en Galicia polo Camiño de Inverno. A data será o 21 de xullo, o próximo venres, e o trazado partirá de Astorga e parará en Vilamartín.
Galego