28.06.2018.- O próximo 1 de xullo comeza en Madrid a segunda Edición da Gaes Pilgrim Race, unha experiencia lúdico-deportiva para percorrer o Camiño de Santiago en bicicleta. Unha aventura, que terá lugar entre os días 1 e o 7 de xullo e na que participarán 170 persoas. Ao noso concello chegará o día 5 de xullo con chegada de ruta, noite e saída ao día seguinte. Este ano entre os participantes estarán a montañeira, Edurne Pasabán entre outros recoñecidos atletas, actores e músicos que suman a esta iniciativa.
20.07.17.- Mañá venres, día 21, o Concello de Vilamartín acollerá a chegada da sétima etapa da proba deportiva en bicicleta de montaña, Gaes Pilgrim Race. Esta actividade partía o domingo, 16 de xullo, dende Madrid e durante esta semana percorreron unha gran parte dos 725 quilómetros por rutas marcadas seguindo Camiños de Peregrinación que repartiron en 8 etapas. A sexta etapa percorrerá parte do Camiño Francés e entrará en Galicia polo Camiño de Inverno.
14.07.17.- A partir deste domingo, 16 de xullo, os participantes da proba deportiva en bicicleta de montaña, Gaes Pilgrim Race, percorrerán 725 quilómetros de Camiños de Peregrinación repartidos en 8 etapas. A sexta etapa percorrerá parte do Camiño Francés e entrará en Galicia polo Camiño de Inverno. A data será o 21 de xullo, o próximo venres, e o trazado partirá de Astorga e parará enVilamartín.