poeta

O artista de Córgomo, Anxo Baranga, foi nomeado Irmán Maior da Irmandade do poeta Florencio Delgado Gurriarán : “é moi simbólico que sexa a poesía o que nos xunte”

Undefined

17.11.17.- Hai uns meses púxose en marcha un proxecto cultural na comarca de Valdeorras para demandar o Día das Letras Galegas 2018  para o poeta de Vilamartín, Florencio Delgado Gurriarán. Este movemento cultural,  integrado por xente dos concellos de toda a comarca de Valdeorras e o IEV (Instituto de Estudios Valdeorreses)  conta con varias actividades de promoción e entre elas está a creación dunha Irmandade de Florencio.

O Concello de Vilamartín colabora co II Silfest lembrando a figura do poeta Florencio Delgado Gurriarán

Galego

19.08.17.- Hoxe ás 20:30 horas celebrarase dentro da segunda edición do Festival Silfest no Barco a primeira competición poética “I Poetry Slam Silfest”. Nela o poeta de Córgomo, Florencio Delgado Gurriarán, terá unha presenza especial segundo nos indican dende a organización do Silfest. Xa adiantan que se repartirán unhas chapas co seu retrato como parte desa homenaxe ao poeta valdeorrés. O Concello de Vilamartín colabora co festival para apoiar esta competición poética e lembrar a figura de Florencio Delgado.

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.