19.01.18.- Esta semana empezaron as obras na Praza da Rodeleira para darlle un cambio tanto interno como externo. En primeiro lugar empezarán as obras para cambiar todo o sistema de tubaxes que están soterradas e que levan ocasionado moitos problemas por roturas. Cambiaranse as canalizacións de rego, auga de consumo e saneamento. Unha vez rematada esta parte, continuarán as de adecentamento do espazo para uso e disfrute dos veciños. Faranse beirarrúas novas, unha rotonda no cruceiro, novos aparcamentos e zonas de esparcemento.
20.09.17.- O Concello de Vilamartín vai ter durante o outono varias obras en marcha en diferentes puntos do municipio. A estrada de Cernego, a mellora do alumeado en Córgomo, o saneamento e abastecemento da Rodeleira, o arranxo de camiños coa motoniveladora da Deputación son algunhas das obras que se afrontarán nos próximos meses de outono. Todas as obras faranse con subvencións de plans provinciais, axudas de eficiencia enerxética e colaboracións coa Deputación de Ourense principalmente.