aforrar

A instalación de válvulas de redución de presión permitirán aforrar auga e avarías na rede de abastecemento

26.01.18.- Esta semana iniciáronse os traballos de instalación de válvulas redutoras de presión no depósito de auga que abastece a Vilamartín pobo (centro urbano). Este sistema permite reducir a forza da presión coa que baixa a auga dende o depósito vello á rede de abastecemento. Deste xeito con menos presión rebaixarase o nivel de avarías que se viñan producindo por esta causa nas tubaxes vellas de fibrocemento. A rede de abastecemento ten máis de 40 anos e coa presión que saia do depósito, producíanse numerosas avarías.

Undefined

O Concello acelera a cesión do edificio do Centro de Saúde a Sanidade para aforrar custes e cumprir a normativa galega

03.10.17.- A corporación de Vilamartin celebrou a sesión plenaria do mes de setembro con sete puntos na orde do día. Entre eles o traspaso da titularidade do edificio do Centro de Saúde á Consellería de Sanidade,  a adhesión á central de contratación da Federación de Municipios e Provincias (F.E.M.P) e unha moción do grupo municipal socialista solicitando a retirada do anteproxecto da modificación da Lei de Saúde de Galicia.

Cesión da titularidade do edificio do Centro de Saúde

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.