09.10.18.- A Escola Infantil Municipal está en funcionamento de novo despois dos traballos de remodelación que se realizaron nunha gran parte do interior do edificio para adaptarse á normativa actual. As partes reestructuradas e ampliadas, gañando máis metros de uso, foron a zona de xogo, a de descanso e os pasillos cunha inversión aproximada de 39.000 euros. Non se realizaron obras na cociña e no comedor.
04.06.18.- Este xoves no Centro Santa Lucía impartirase unha charla sobre a nova normativa para evitar incendios forestais. As zonas que hai que limpar, que tipo de árbores están prohibidas nas faixas preto de casas e outros temas relacionados cos incendios e as súas consecuencias. A actividade comezará ás 20 horas e está aberta a participación de todos os veciños.
03.10.17.- A corporación de Vilamartin celebrou a sesión plenaria do mes de setembro con sete puntos na orde do día. Entre eles o traspaso da titularidade do edificio do Centro de Saúde á Consellería de Sanidade, a adhesión á central de contratación da Federación de Municipios e Provincias (F.E.M.P) e unha moción do grupo municipal socialista solicitando a retirada do anteproxecto da modificación da Lei de Saúde de Galicia.
Cesión da titularidade do edificio do Centro de Saúde