21.08.19.-En poucos días faranse públicas as bases legais do II Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán, de momento e como adianto presentannos o cartel deste ano. Trátase dun deseño moi especial no que a organización fai unha dobre homenaxe, por un lado elixen como imaxe unha escultura feita polo Primeiro Irmán Maior do Proxecto, o corgomés, Anxo Baranga. Por outra parte o texto que lle serve de fondo é o texto do gañador do premio da edición anterior, Jorge Moral.
24.08.18.-O Concello de Vilamartín forma parte do proxecto “As Letras de Florencio” para lograr que ao noso gran poeta, Florencio Delgado Gurriarán, se lle dedique un Día das Letras Galegas. Este ano estanse a facer varias actividades na comarca de Valdeorras para promover a súa figura e dala a coñecer. Entre elas está o Primeiro Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán.
19.08.17.- Hoxe ás 20:30 horas celebrarase dentro da segunda edición do Festival Silfest no Barco a primeira competición poética “I Poetry Slam Silfest”. Nela o poeta de Córgomo, Florencio Delgado Gurriarán, terá unha presenza especial segundo nos indican dende a organización do Silfest. Xa adiantan que se repartirán unhas chapas co seu retrato como parte desa homenaxe ao poeta valdeorrés. O Concello de Vilamartín colabora co festival para apoiar esta competición poética e lembrar a figura de Florencio Delgado.