nova

O Concello busca asesoramento técnico e financiamento para unha nova fosa séptica na zona de Arcos

Undefined

09.02.18.- O Concello está na procura dunha solución para mellorar o saneamento das zonas de Arcos, Córgomo e Baxeles. O crecemento desta zona na que están instaladas adegas, hoteis e outras industrias fixo que a fosa séptica se quedara pequena  dende hai máis dunha década. Un dos primeiros pasos a dar é ter informes técnicos que abalen cal é a solución máis eficaz.

O Concello asume as obras dunha nova captación de augas de urxencia para Valdegodos

Undefined

02.11.17.- A seca deste ano está deixando sen auga a captación de Abelaído e o bombeo dende o río Leira para a zona de Valdegodos xera grandes custes en electricidade. Ante esta situación o goberno de Rique Barreiro solicitou un permiso de urxencia á Confederación Hidrogáfica Miño-Sil  para poder iniciar unha nova captación no río Farelos ao seu paso por Córgomo. As autorizacións xa están concedidas e dende a semana pasada xa se iniciaron as obras de colocación da tubaxe na veciña localidade de Córgomo.

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.