válvulas

A instalación de válvulas de redución de presión permitirán aforrar auga e avarías na rede de abastecemento

Undefined

26.01.18.- Esta semana iniciáronse os traballos de instalación de válvulas redutoras de presión no depósito de auga que abastece a Vilamartín pobo (centro urbano). Este sistema permite reducir a forza da presión coa que baixa a auga dende o depósito vello á rede de abastecemento. Deste xeito con menos presión rebaixarase o nivel de avarías que se viñan producindo por esta causa nas tubaxes vellas de fibrocemento. A rede de abastecemento ten máis de 40 anos e coa presión que saia do depósito, producíanse numerosas avarías.

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.