12.06.20.- O concello de Vilamartín convoca dúas prazas para contratar traballadores. Unha será para un albanel e outra para un peón forestal. Os contratos serán de 6 meses por obra.
O prazo para presentar as solicitudes no rexistro do Concello estará aberto ata o día 19 de xuño.
Na sesión plenaria celebrada o día 30 de xaneiro aprobouse unha moción presentada polo grupo municipal socialista solicitando unha solución para o acceso ao pobo de San Vicente.
22.12.19.- O Concello de Vilamartín está comprometido coa eficiencia enerxética e o aforro no alumeado público. Os cambios que se están levando a cabo permiten aforrar entre un 60 a 70 por cento na factura da luz municipal. Ademais o aforro tamén se estende á gastos de persoal xa que as novas luces LED teñen maior duración e polo tanto non haberá que facer obras de cambio de bombillas e outras avarías relacionadas.
14.11.19.- O Concello de Vilamartín ten en marcha a convocatoria para a selección de personal laboral temporal a fin de cubrir un posto de limpador/a para o servizo de limpeza das dependencias municipais. O sistema de escolla será mediante o de concurso-oposición e a contratación farase ca modalidade de contrato de duración temporal de interinidade.
28-10.19.- O programa de actividades do Concello do Barco para homenaxear os cincuenta anos do grupo de arqueólogos afeccionados coñecidos como os “ Os Escarvadores”, tivo o pasado sábado unha visita ao Castro de Valencia do Sil no noso concello. A actividade contou cuns 50 participantes que ascenderon ata o xacemento e puideron coñecer de primeira man a historia deste descubrimento e do traballo que está a facer agora o grupo especializado Sputnik Labrego.
09.05.19.- O voluntario que leva a biblioteca, Amancio Delgado Álvarez, é unha mente inquieta que sempre anda argallando cousas para o noso concello. Nesta ocasión está poñendo en marcha unha maqueta a escala 1:10.000 de todo o concello de Vilamartín. Empezou hai uns meses e aínda ten traballo para moito tempo. O obxectivo é montar unha maqueta que cando estea rematada porá verse a orografía do concello a escala e localizar cada pobo na mesma. A base de todo este traballo artesán é un mapa do instituto xeográfico.
15.10.18.- O pasado día 10 de Outubro o Boletín Oficial da Provincia de Ourense fixo pública a convocatoria dunha praza de funcionario interino de auxiliar administrativo no noso concello. Como xa adiantamos nas nosas redes sociais o pasado día 12, hai un prazo de 10 días a contar dende o día seguinte á publicación no Boletín para poder presentar as solicitudes no rexistro do concello.
09.02.18.- O Concello está na procura dunha solución para mellorar o saneamento das zonas de Arcos, Córgomo e Baxeles. O crecemento desta zona na que están instaladas adegas, hoteis e outras industrias fixo que a fosa séptica se quedara pequena dende hai máis dunha década. Un dos primeiros pasos a dar é ter informes técnicos que abalen cal é a solución máis eficaz.