15.06.19.- Esta mañá constituíuse a nova corporación do Concello de Vilamartín. Despois de crear a mesa de idade procedeuse á votación para elección de alcalde. A votación foi 5 votos a favor de Enrique Álvarez Barreiro, cabeza de lista polo Partido Socialista de Galicia. Unha vez gañada a elección procedeuse á proclamación de alcalde e o seu discurso. Nel marcou os catro piares do proxecto político do seu grupo para esta lexislatura:
28.06.2018.- O próximo 1 de xullo comeza en Madrid a segunda Edición da Gaes Pilgrim Race, unha experiencia lúdico-deportiva para percorrer o Camiño de Santiago en bicicleta. Unha aventura, que terá lugar entre os días 1 e o 7 de xullo e na que participarán 170 persoas. Ao noso concello chegará o día 5 de xullo con chegada de ruta, noite e saída ao día seguinte. Este ano entre os participantes estarán a montañeira, Edurne Pasabán entre outros recoñecidos atletas, actores e músicos que suman a esta iniciativa.
24.02.18.- Esta semana instalouse a segunda válvula redutora de presión na parte baixa de Vilamartín pobo para mellorar o sistema de abastecemento nesta parte da vila. Os traballos comezaron no mes de xaneiro coa colocación dunha primeira válvula no depósito de auga que abastece ao centro urbano. Este sistema permite reducir a forza da presión coa que baixa a auga dende o depósito vello á rede de abastecemento. Deste xeito con menos presión rebaixarase o nivel de avarías que se viñan producindo por esta causa nas tubaxes vellas de fibrocemento.