Sil

Unha excursión para coñecer máis do Castro de Valencia do Sil

Undefined

28-10.19.- O programa de actividades do Concello do Barco para homenaxear os cincuenta anos do grupo de arqueólogos afeccionados coñecidos como os “ Os Escarvadores”, tivo o pasado sábado unha visita ao Castro de Valencia do Sil no noso concello. A actividade contou cuns 50 participantes que ascenderon ata o xacemento e puideron coñecer de primeira man a historia deste descubrimento e do traballo que está a facer agora o grupo especializado Sputnik Labrego.

O Castro de Valencia do Sil protagonista esta fin de semana de visitas e de traballos de investigación

Undefined

24.10.19.- Os antigos poboadores da comarca de Valdeorras e a súa presenza no Castro da localidade de Valencia do Sil serán protagonistas esta fin de semana de dous actos. Por un lado unha visita co arqueólogo Santiago Ferrer e por outro o inicio das investigacións por parte do equipo de Sputnik Labrego.

Visita con Santiago Ferrer

O Castro de Valencia do Sil rexurde 50 anos despois

Undefined

09.08.19.- Este verán un grupo de voluntarios comandados polo arqueólogo, Santiago Ferrer  volveron a rescatar do esquecemento un dos castros máis senlleiros da comarca de Valdeorras. Na localidade de Valencia do Sil existe un xacemento que se descubriu fai agora 50 anos polo grupo dos Escarbadores e medio século despois volve rexurdir para “tratar de poñelo en valor”, explica Santiago Ferrer.

90 participantes na segunda Travesía a Nado Valdeorras disputada nas augas do Sil no Bañadoiro

Galego

25.08.16.-A segunda edición Travesía a Nado de Valdeorras celebrouse o pasado día 20 nas augas do río Sil entre O Barco e Vilamartín. Dúas das tres probas tiveron lugar en territorio de Vilamartín, na área recreativa do Bañadoiro, e reuniron a centos de persoas entre nadadores, acompañantes e público. 90 participantes tomaron a saída para completar os 2.525 metros do recorrido curto e os 5.050 metros do longo, puntuables para o XIII Circuíto Galego de Augas Abertas.

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.