24.10.19.- Os antigos poboadores da comarca de Valdeorras e a súa presenza no Castro da localidade de Valencia do Sil serán protagonistas esta fin de semana de dous actos. Por un lado unha visita co arqueólogo Santiago Ferrer e por outro o inicio das investigacións por parte do equipo de Sputnik Labrego.
16.04.18.- Este fin de semana un grupo de veciños de Vilamartín estiveron aprendendo fotografía dixital básica. O curso organizado pola Asociación de Mulleres Rurais de Vilamartín tivo unha gran acollida e en poucos días cubriron ás prazas e tiveron que abrir lista de espera para próximas actividades. O sábado foi o momento da teoría e o domingo o da práctica co profesor, Luis Sánchez.