semana

Actividades do Día da Muller durante toda a semana

Programa completo do 8 de Marzo

A primeira semana deste mes de marzo dedicarémola a varias actividades para celebrar o 8 de Marzo, o Día da Muller Traballadora. Todas elas farémolas en colaboración coa Plataforma Mulleres de Valdeorras. Empezaremos o mércores día 4 cunha conferencia debate sobre a "A Igualdade da Muller no Século XXI" no Centro Santa Lucía ás 18 horas. O venres, día 6, ás 12 horas faremos diante do concello a lectura do Manifesto 8M e durante a fin de semana haberá cine no Santa Lucía o sábado coa proxección da película "Casa de Bonecas" e o domingo marcharemos de romería ata San Miguel de Outeiro.

Undefined

O Castro de Valencia do Sil protagonista esta fin de semana de visitas e de traballos de investigación

24.10.19.- Os antigos poboadores da comarca de Valdeorras e a súa presenza no Castro da localidade de Valencia do Sil serán protagonistas esta fin de semana de dous actos. Por un lado unha visita co arqueólogo Santiago Ferrer e por outro o inicio das investigacións por parte do equipo de Sputnik Labrego.

Visita con Santiago Ferrer

Undefined

Un fin de semana aprendendo a fotografar

16.04.18.- Este fin de semana un grupo de veciños de Vilamartín estiveron aprendendo fotografía dixital básica. O curso organizado pola Asociación de Mulleres Rurais de Vilamartín tivo unha gran acollida e en poucos días cubriron ás prazas e tiveron que abrir lista de espera para próximas actividades. O sábado foi o momento da teoría e o domingo o da práctica co profesor,  Luis Sánchez.

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.