FONTES PÚBLICAS NO CONCELLO DE VILAMARTÍN DE VALDEORRAS
Con data 29 de Maio de 2018 realizou a Concellería de Sanidade deste Concello, a recollida de mostras de 17 fontes públicas con obxecto de saber se existía contaminación microbiológica por: Enterococos, E.Coli e Coliformes totais
25.08.16.-A Concellería de Sanidade de Vilamartín encargou unha analise microbiolóxica de 20 fontes de uso público no territorio deste concello para coñecer o seu estado. A analítica realizouse o pasado 8 de agosto e agora coñécense os resultados nos que se constata que en 11 delas a auga non é apta para o consumo e no resto non contan con suficientes garantías sanitarias. Esta analítica só ten un valor orientativo e só serve para dar unhas recomendacións xerais que os veciños consumidores desas augas deben valorar.