remanente

Parte dos fondos do remanente investíronse en Córgomo, San Vicente e no ensanche e mellora dun vial do concello

Undefined

14.09.18.- Obras en dous pobos do concello, San Vicente e Córgomo, así como o arranxo dun vial de comunicación foron os destinatarios dos fondos do remanente de tesoureira.  Uns fondos propios que tamén deron para os arranxos das instalacións da piscina, como xa se relatou noutra información desta web municipal. Na Praza do Fondo do Enxortedo e no muro de contención da igrexa en San Vicente investíronse 15.500 euros.

As obras das piscinas municipais executáronse con fondos propios do remanente de tesouraría

Undefined

19.08.18.- Neste verán as piscinas municipais non puideron estar abertas ao inicio da tempada pola orde de peche que Sanidade impuxo ata que se fixeran as obras necesarias no recinto. As piscinas abríronse ao público ao comezos do mes de agosto unha vez feitas as remodelacións tanto na zona de vestiario e baños como nos propios vasos contedores da auga. As obras tiveron retraso porque se estivo agardando subvencións que finalmente non chegaron e o concello decidiu botar man dos fondos do remanente de tesouraría para poder executalas.

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.