IV

A IV Travesía a Nado de Valdeorras celebrarase na zona do Bañadoiro o día 1 de setembro

28.08.18.- O río Sil e a zona de O Bañadoiro en Vilamartín serán este sábado protagonistas da cuarta edición Travesía a Nado de Valdeorras. Unha das súas probas forma parte do XIV Circuíto Galego de Augas Abertas.

Celebraranse tres carreiras, unha primeira popular pola mañá  realizable por  todos os niveis e todas as idades en augas do río Sil no Barco. As dúas probas máis longas e xa para expertos serán en Vilamartín con distancias de 2525 e 5050 metros.

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.