dúas

O día 1 de decembro haberá dúas horas de corte de suministro eléctrico por traballos de mantemento das liñas

Undefined

 

26.11.18.- A compañía UFD Distribución Electricidad, S.A. do grupo Naturgy anuncia cortes no suministro eléctrico en varios puntos do noso concello para este sábado, día 1 de decembro. O obxectivo, segundo indican, é facer varios traballos de mantemento e mellora da rede eléctrica. Os cortes faranse por espazo dunha hora de 8 a 9 da mañá e de 7 a 8 da tarde. A empresa indica que nestes días enviará a varios clientes cartas anunciando estes cortes de suministro.

Os lugares afectados serán:

Aprobada a modificación de dúas ordenanzas do sector construtivo que supoñen unha diminución no pago das taxas municipais

Undefined

28.09.18.- Na sesión plenaria ordinaria celebrada onte, día 27 de setembro, modificáronse dúas ordenanzas referentes a temas construtivos. Por un lado a do I.C.I.O. e por outro a fiscal reguladora da taxa de expedición de licenza urbanística, nos dous casos suporán aforro no seu pagamento, na súa maioría.  Por exemplo ata o 95% no caso do ICIO en condicións especiais e as obras menores pagarán o 1 %  do seu valor cando antes tiñan unha taxa fixa de 120 euros.

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.