24.01.19.- O Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, José Antonio Quiroga Díaz, visitou onte o Concello de Vilamartín para coñecer de primeira man a situación das augas residuais na zona de Arcos e arredores. O presidente comprometeuse a poñer en marcha un informe técnico para saber que tipo de sistema de depuración se debe instalar na zona para que sexa efectivo. A inversión económica será distinta dependendo das necesidades de depuración.
20.11.18.- Un ano máis o concello celebra actos para lembrar o Día contra a Violencia Machista. Nestes días a Concellería de Servizos Sociais está enviando aos empresarios da vila unha carta na que lembra a necesidade de loitar entre todos contra esta lacra social. Na misiva explícase que “pedimos a túa colaboración para que no teu negocio, local, empresa, etc... coloques a adhesivo para cristal que se che adxunta, de xeito que quede visible, para sumarse a repulsa contra esta lacra social.