10.11.18.- O Concello de Vilamartín será protagonista e colaborador dunha actividade deportiva que se está a realizar por catro puntos da xeografía española. Trátase da Carreira das Cidades, contra o cancro de Páncreas. A data desta carreira é o próximo 25 de novembro e está promovida por ACANPAN (Asociación de Cancro de Páncreas) e AESPANC (Asociación Española de Pancreatoloxía) e organizada por unha iniciativa particular coa colaboración da Delegación de Valdeorresa de Atletismo e o Club Peña Trevinca.
21.05.17.-Máis de 300 persoas participaron nunha andaina solidaria por roteiros marcados no territorio do concello. A máis longa de 17 kilómetros subiu dende a zona do Bañadoiro ata o pobo de Correxais con magníficas vistas de toda a zona. A segunda andaina duns 3,4 kilómetros percorreu a zona do Bañadoiro á beira do río Sil.
03.05.17.- Este luns, día 8, remata o prazo para poder apuntarse nesta Andaina Solidaria para continuar coa recadación de fondos para o proxecto de Biopsia Líquida que está levando a cabo Oncomet. Os lugares nos que se poden apuntar estes días son a Asesoría Firmar en Vilamartín e nas tendas Tri-Sport no Barco, A Rúa. Tamén se poden anotar a través da plataforma www.carreirasgalegas.com . O custe é de 8€ dende os 14 anos en adiante e de 3€ para os pequenos.
20.09.16.- A romaría de San Cosme no Robledo, o 25 de setembro, conta dende hai uns anos con asistentes que chegan ao pobo despois de facer unha andaina duns 8 quilómetros dende o centro de Vilamartín. A ruta pasa por lugares de gran beleza paisaxística e elementos etnográficos propios da comarca como os muíños, albares e sequeiros que chaman a atención dos camiñantes, de feito o trazado coñecese como “ Ruta dos muíños de San Cosme”.