realizados

O pleno de Vilamartín deu conta dos traballos realizados en cada concellería no último ano e aprobou unha moción de apoio ao sistema sanitario na comarca

Undefined

15.02.19.- O pleno de Vilamartín aprobou onte por unanimidade unha moción na que se pide a derogación da Lei 8/2008 de Saúde de Galicia. Ademais solicitaron dotar de maiores recursos e persoal aos centros médicos e ao hospital comarcal.  A sesión plenaria extraordinaria tamén fixo repaso aos traballos levados a cabo durante o 2018 en cada concellería. Todos os concelleiros tiveron palabras de agradecemento durante os seus repasos aos voluntarios que aportaron a súa colaboración en varios traballos do concello e en protección civil.

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.